A Asociación Cultural a Mámoa de Luou organiza o 16 de xullo, sábado, na carballeira de Luou a segunda edición do festival “A CARROUCHA” a nosa mostra de música e baile tradicional aberta a todo o público.

Este ano o festival terá dúas fases:

12:00h – Mostra infantil coa participación de:

  • A.C. San Campio de San Miguel de Sarandón
  • A. C. a Mámoa de Luou

20:00h – Velada coa participación de

  • A.C. Rosalía Castro de Cacheiras
  • A.C. a Mámoa de Luou

Remataremos a festa cunha foliada aberta!

Categories: Novas