Este ano a nosa andaina percorreu dende Xirimbao ata Luou seguindo o Camiño dos Arrieiros.
O tempo non acompañou pero 17 asociadas e asociados puxéronse as botas e o chuvasqueiro e ás nove da mañá do día 2 de outubro iniciaron o camiño.
Logo de tres horas e media de camiño, e cunha pausa para as “onces”, chegaron a Luou.