PARA SOCIAS E SOCIOS , PROFESORADO E ALUMNADO
DAS ESCOLAS DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL, CORAL E TEATRO.

SÁBADO 11 DE XUÑO DE 2022

PROGRAMA
11:30h: FESTIVAL no que participarán todos os grupos de baile e música tradicional da Asociación.
14:30h: XANTAR na carpa na carballeira (Pulpería J. Guerra)

MENÚ
Infantil (ata 10 anos): Pizza, milanesa de polo, patacas, pan, auga e refrescos. Sobremesa (larpeira)…. 10€
De 11 anos en adiante: Entrantes: empanada, tortilla, embutidos, queixo, olivas e mexillóns. Segundo prato: carne ao caldeiro con patacas. Bebidas: Viño branco e tinto, cervexa, augas, refrescos. Sobremesa (larpeira), café e chupiños…. 20€

Convite: O alumnado que participe nas escolas e teña ata 17 anos está convidado ao xantar pola Asociación.

INSCRICIÓN: no Edificio Social de Luou, na Asociación, os venres de 18:00h a 21:00h. Último día o venres 3 de xuño. O pagamento farase no momento da inscrición.

Categories: Novas