O próximo día 17 de xuño a A.C. A Mámoa celebra a súa festa de fin de curso:

  • actuación pola mañá , ás 11:30, de tódolos grupos das escolas de Baile, Gaita e Percusión e Pandeireta tradicional
  • Xantar para socias e socios, ás 14:30, nunha carpa instalada na Carballeira de Luou

Convite: como cada ano o alumnado que participe nas escolas e teña ata 17 anos está convidado ao xantar pola Asociación.

Inscrición: Edificio Social de Luou os venres de 18:00h a 21:00h e o sábados de 12:00h a 14:00h. Último día o sábado 10 de xuño.

Categorías: Novas