O próximo 1 de xuño a A.C. A Mámoa de Luou celebra “A Carroucha” mostra de música e baile tradicional.

Esta actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña. @DACCultura en Twitter e https://www.facebook.com/daccultura/ no Facebook.

A actividade iniciase pola mañá, ás 12:00, coa “Carrouchiña” na que participaran os grupos infantís das asociacións convidadas: A.F. O Pedrón e A Buxaina e os propios da A.C. A Mámoa.

A media tarde, 18:30, asistiremos á “Rodela de Cantos” de Rosa Gonçalvez (Portugal)

Na tardiña, 20:00, actuaran os grupos convidados A.F. O Pedrón e A Buxaina e A.C. A Mámoa.

Ao rematar as actuación haberá foliada.

Categorías: Escolas