Como faciamos e como facemos para producir alimentos

Datos:

Tipo de actividade:
paseo guiado (dificultade baixa; apto para todas as idades)

Día:
20 de febreiro de 2022, domingo.

Hora:
de 11:00 a 13:00 horas.

Punto de saída e de chegada:
Local da Asociación Cultural de A Mámoa de Luou (A Igrexa, 18)

Somos o que comemos? Ou iso din…

Nun tempo, a nosa alimentación condicionaba, non só o noso corpo, senón todo o territorio. A paisaxe agrogandeira era un fiel reflexo do que comiamos, máis tamén de como nos relacionabamos.

Moito cambiou o conto nas últimas décadas…

A través dun pequeno paseo pola parroquia de Luou faremos unha viaxe no tempo para coñecer, nas voces das nosas maiores, como faciamos e como facemos para producir alimentos na nosa contorna e, ao mesmo tempo, valorar que relación tiveron e teñen todos estes cambios co medio ambiente.

Pero non só iso… O paseo pretende ser tamén un espazo no que xogar, compartir as vivencias e coñecementos das participantes e, por suposto, cantar! Vinde coas gorxas ben afinadas, que as pandereteiras da Mámoa traerán algunha copla para completar a xornada!

Esperámosvos a todas e todos.

Categories: Novas