NOVA DATA
24/04/2022

Como a última actividade do proxecto “Do Des-equilibrio á Des-carbonización” non puido realizarse, remítese a continuación a información da nova data para o día 24/04/22

Datos:

Tipo de actividade:
Paseo guiado (dificultade baixa; apto para todas as idades)

Día:
24 de abril de 2022, domingo.

Hora:
de 11:00 a 13:00 horas.

Punto de saída e de chegada:
Local Social de Luou
Asociación Cultural A Mámoa
(A Igrexa, 18)

Unha noite no muíño, unha noite non é nada
unha semaniña enteira, esa si que é muiñada.

O país dos mil ríos ben podía chamarse tamén o país dos mil muíños (ou case…). Os cereais, base da nosa alimentación, tiñan que moerse nalgún sitio, e os ríos, regatos e demais cursos de auga constituían unha fonte de enerxía ideal para facer do grao fariña.

Espazos pechados, certamente reservados e cun uso, ás máis das veces, colectivo, os muíños non só foron unha tecnoloxía fundamental para alimentarnos senón que se converteron en lugares onde o patrimonio inmaterial puido desenvolverse sen freo: cancións, poemas, contos, lendas…

Agora poucos quedan activos e son demasiados os que pouco a pouco van desaparecendo baixo a vexetación e a forza das augas que algunha vez aproveitaron.

Propoñemos nesta segunda andaina do proxecto “Do Des-Equilibrio á Des-Carbonización” un paseo pola ruta das muiñeiras, coñecendo tanto o patrimonio material como o inmaterial coa axuda das Pandereiteiras da Mámoa e as testemuñas dos rodicios e as muiñadas para facer da memoria presente.

As persoas interesadas podedes anotarvos antes do venres 22 de abril ás 14:00 h. no seguinte correo: feitoria.verde.difusion@gmail.com

Categories: Novas