A Asociación Cultural a Mámoa de Luou convoca o próximo 29 de outubro o seu XIII Concurso de Musica Tradicional. Nesta edición volvemos a subdividilo en dúas categorías engadindo ao concurso de Cuartetos Tradicionais outra de Dúos de Gaita e Tambor.

Podedes descargar as bases e as follas de inscrición nas dúas modalidades nas seguintes ligazóns:

Cartel da edición 2022

Os Cuartetos e Dúos interesados en participar deben enviar a folla de inscrición ao correo cmt@acamamoa.gal ata o día 25 de outubro de 2022 (incluído)

O evento terá lugar o vindeiro 29 de outubro de 2022 no Edificio Social de Luou. Pola mañá, ás 11h, celebraremos Concurso de Cuartetos Tradicionais e pola tarde, ás 18h, será o Concurso de Dúos de Gaita e Tambor.

O número de participantes en cada categoría do concurso será dun mínimo de 5 e un máximo de 15.

Convidámosvos a todas e todos a participar o 29 de outubro e vivir un domingo cheo de música do país.

Categories: cmtNovas