
O próximo sábado, 18 de outubro, ás 18:00h a A.C. A Mámoa organiza no Edificio Social de Luou o XV Concurso de Música Tradicional: Dúos de Gaita e Tambor.
Os dúos interesados en participar poden descargar as bases do concurso e a folla de inscrición que, unha vez cuberta cos datos indicados, deberá remitirse por correo electrónico ao enderezo cmt@acamamoa.gal, sendo a data tope o día 14 de outubro, incluído.
Na presente edición os premios son os seguintes:
| 1º Premio | 1.000 € + Agasallo conmemorativo |
| 2º Premio | 600 € + Agasallo conmemorativo |
| 3º Premio | 400 € + Agasallo conmemorativo |
Esperámosvos!
XV Concurso de Música Tradicional
